top of page

A un par de quilómetros de Arzúa, nunha pequena aldea chamada Pantiñobre, atopamos unha nave onde se elaboran uns dos mellores queixos do noso país, o Queixo Arzúa – Ulloa. Este non é un queixo calquera ao igual que tampouco o pode ser o sitio no que se fai.


A Queixería Barral é unha fábrica con historia, a de catro xeracións de mestres queixeiros que no medio da vila queixeira por antonomasia puxeron todo o seu esforzo e as mellores materias primas para poder facer un queixo cremoso que volverá tolos os padais.


Porén, nesta fábrica non só se fai Queixo de Arzúa – Ulloa, senón que tamén fabrican Tetilla. Durante estas catro xeracións as vendas fóronse disparando pouco a pouco e debido a isto a forma de facer o queixo mudou, sempre intentando non perder a esencia do sabor.

No corazón da comarca do Ulloa nunha vila con castelo do século XIV, un balneario e con nome moi monárquico, Palas de Rei, atopamos unha pequena casa de pedra que no seu interior agocha miles de sabores. No interior da Queixería Arqueixal fanse moitos alimentos, dende queixos, pasando por marmeladas ata iogures todos eles ecolóxicos, un dos valores engadidos que Arqueixal lles proporciona aos seus produtos.


Esta queixería é un proxecto familiar que procura manter moitos dos valores culinarios que a fabricación do queixo ten dende fai séculos, para isto manteñen o proceso artesanal  que durante xeracións se foi transmitindo. 


Ademais, Arqueixal non queda aquí senón que tamén fomenta e promove iniciativas socioculturais nas que podes vivir experiencias como habitar durante dúas noites nunha casa do século pasado.

Queixería Barral

Queixería Arqueixal

BARRAL VS. ARQUEIXAL

© 2023 by Name of Site. Proudly created with Wix.com

bottom of page